Blogia
Andresadas

Axe. Márcalles o camiño

Axe. Márcalles o camiño A marca de desodorantes Axe realizou unha campaña fai dous anos cuxo slogan era o seguinte: Márcalles o camiño. A campaña do ano 2003 desta marca centrábase en dous anuncios, nos cales se colocaron denuncias por violar as normas da lexislación publicitaria, e por degradar, ofender e ridiculizar ao xénero feminino, rebaixándoo a mero obxecto sexual e a escrava do home, xa que as mulleres hechízano, enméiganno por dicilo dalgunha maneira pola fragancia que desprende o desodorante en cada home.

Os anuncios mais coñecidos e destacados foron dous:

No primeiro deles, un home novo atópase no seu cuarto de baño, aplicándose Axe por todo o corpo. O rapaz desliza o spray desodorante marcando unha liña que parte da súa man e vaise dirixindo a través do seu brazo e o seu torso cara o destino que a el lle interesa para que a muller se dirixa a el: os xenitais. Máis tarde, estando o rapaz nun automóvil sentado no asento de condutor; a sua acompañante, unha muller nova e atractiva comeza a ulir e apreciar o desodorante, e vese atraída por el incontrolabelmente, polo que a muller acaba seguindo o rasto que préviamente marcara o home no seu cuarto de baño.

No segundo, un home novo tamén ( os protagonistas dos anuncios acostuman ser ao mesmo tempo os que representan aos consumidores, sempre cun ideal de beleza destacado nas mulleres, mentres que os homes tratan de ser sempre uns exemplares non moi agraciados fisicamente, para que se poida crer que o efecto que Axe logra coas mulleres é efectivo sexas como sexas...) que aplica o desodorante a un percheiro. A continuación, a muller que estaba con el no cuarto, tombada sobre unha cama, comeza a bailar de forma moi sensual, a modo de striptease debido á excitación que lle provoca o olor do desodorante supostamente. O home utiliza o seu desodorante en spray mentres ela está a bailar para atraer a sua atención, xa que o home é agora o que está colocado na cama. De novo, comprobamos unha clara referéncia ao acto sexual.

Estes dous anuncios e a campaña en xeral foron denunciados e retirados tras un xuízo celebrado en Madrid. A través desta páxina web (enlace):http://www.auc.es/docum/reclam03/RESOLUCION%20AXE.pdf, podedes ver todos os detalles sobre este caso de denúncia e retirada de anuncios por claro contido sexual erróneo.

1 comentario

Sue -

Es normal que denuncien ese tipo de anuncios, lo peor de todo es que sigue existiendo gente tan tonta que se cree que por usar el desodorante liga más, ¡ilusos!
Me gusta tu página, sigue asi. Un bico yogurin